A vendima xa supera os 6 millóns de quilos nas adegas da D.O. Ribeira Sacra

Ribeira Sacra
2 Outubro 2019
Viño
Redacción | 2 de outubro de 2019
A vendima na Ribeira Sacra superou neste 2 de outubro os 6 millóns de quilos de uva recollidos para as adegas dentro do control do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra. Nesta campaña son 96 as adegas que vendiman eproducirán viño amparadas pola D.O. A variedade mencía, representativa desta zona é a que entra con maior volume, seguida, moi de lonxe pola branca godello e a garnacha. Mentres continúa a campaña de recollida seguen chegando as boas novas para estes viños. A Cata de Viños Galegos de Euskadi deixou estes días o primeiro e o terceiro premio neste territorio: Os viños Capador, Mencía barrica de 2017 de Adega Tear é o primeiro clasificado e o terceiro, Casa Moreiras, Mencía 2018 de Adega Casa Moreiras. O segundo clasificado e o accésit vanse respectivamente para Rías Baixas e Valdeorras. A D.O.Ribeira Sacra presentara a este concurso 14 mostras pertencentes a 9 adegas. Os datos actualizados do volume de uva que vai entrando nas adegas día a día poden consultarse na páxina web da D.O. Ribeira Sacra: https://ribeirasacra.org/noticia/es/1/6397/asi-avanza-la-vendimia-de-la-viticultura-heroica
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra