A volta ao cole na comarca de chantada

Chantada
16 Setembro 2018
Educación
Redacción | 15 setembro de 2018
Arredor de 650 alumnos e alumnas de educación infantil e primaria volvían ás aulas hai uns días na comarca de Chantada, onde existen  91 prazas públicas nas escolas infantís, que foron as primeiras en abrir as súas portas. Na ESO cursarán estudos 305 rapaces e rapazas  entre os dous institutos de Chantada,  e 57 faráno no CPI de Taboada. O Bacharelato é a opción elixida por 116 estudantes a quen  hai que sumar o alumnado que opta polos ciclos formativos, cuxa inscrición estaría aínda aberta en setembro.
Arredor de 650 alumnos e alumnas de educación infantil e primaria volvían ás aulas hai uns días na comarca de Chantada. Repartido en catro centros educativos o alumnado iniciou con total normalidade o novo ano escolar volvendo así á rutina mochila aos ombreiros e rencontrándose con compañeiros de aula e de patio.

En Chantada os colexios Eloísa Rivadulla e Xoán de Requeixo suman 496 escolares. Por outro lado, o centro  San Tomé do Carballo de Taboada ten neste curso 96 alumnas e alumnos en infaltil e primaria. En Carballedo 51 nenas e nenos cursarán estudos neste 2018/19 no CEIP Xosé Luís Taboada.

Pero quen madrugou foi o alumnado máis noviño, o primeiros en regresar ás aulas nas escolas infantís. Na comarca de Chantada hai actualmente 91 prazas públicas para estes centros de gardería.

Días máis tarde foi a quenda de secundaria e bacharelato. Os centros públicos chamaron a filas a 305 rapaces e rapazas que cursarán estudos de Educación Secundaria Obrigatoria entre os dous institutos de Chantada, 57 faráno no CPI de Taboada. O Bacharelato é a opción elixida por 116 estudantes que maioritariamente inician un enfoque universitario para o seu futuro próximo nos IES Lama das Quendas e Val do Asma. Neste último, os ciclos de formación profesional, tamén dual, representan a outra parte das opción académicas, cunha matrícula aínda por pechar nestes días.

Para chegar ao cole e ao instituto na comarca funcionan 31 liñas de autobuses, das que cinco desempeñan a modalidade integrada, na que o transporte escolar e o público ordinario son compartidos para facilitar as comunicación no rural.

Uns 650 alumnos de educación infantil e primaria volvían ás aulas hai uns días na comarca de Chantada. Repartido en catro centros educativos o alumnado iniciou con total normalidade o novo ano escolar volvendo así á rutina mochila aos ombreiros e rencontrándose con compañeiros de aula e de patio.

Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis