Chega a necesaria sinalización e algunhas melloras no Camiño de Inverno
Realizaránse actuacións neste itinerario ao seu paso por 14 concellos. Así o explicaba esta fin de semana en Chantada o vicepresidente primeiro do Goberno Autonómico, Alfonso Rueda, que precisou que os traballos comezarán nestes días e terán un prazo de execución duns 6 meses. A través deste Plan, a idea é mellorar e unificar a sinalización, con cunchas en parede, fitos de pedra ou sinalética doutras clases.No caso dos concellos de Valdeorras (Rubiá, Carballeda de Valdeorras, o Barco de Valdeorras e a Rúa), vanse empregar mouteiras de lousa. As actuacións previstas tamén contemplan rehabilitar tramos de camiño, con actuacións como adecuación do solo ou das anchuras, para que sexan homoxéneos co resto de itinerarios.
Por outra banda investirase 1,5 millóns deica 2022 neste itinerario dentro do Plan de mantemento dos camiños. O Plan de Albergues da Xunta, dotado con 7 millóns en total para toda a comunidade, contempla a habilitación do albuergue do Saviñao no Pazo Episcopal de Diomondi e outro en Rodeiro, que está en fase de estudo.
O titular de Turimo , Alfonso Rueda, avanzou que o obxectivo é seguir adiante cos plans pese ás restriccións sanitarias co obxectivo de recibir peregrinos e visitantes en canto sexa posible e especialmente cara o Xacobeo 2021. Neste eido, tamén se pensa en accións que máis aló das infraestruturas contemplen medidas sanitarias para facer o Camiño seguro. Para iso teríase presentado o Plan para corredores peonís no Camiño Francés, que se vai estender ao resto de itinerarios. Neste Plan reúnense todas as directrices sanitarias elaboradas do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).