Cinema palleiriso. Ata onde nos leve o film

Chantada
7 Outubro 2018
Cultura
Redacción | 9 de xullo 2018
O cinema Palleiriso é un proxecto sen ánimo de lucro impulsado por un grupo de veciñxs amantes da sétima arte que forman o Cineclube Os Papeiros. É un cinema rural, aberto e para o común. Emprázase en Garabelos, un lugar da parroquia de Maríz en Chantada, nunha palleira reconvertida en sala de cinema. Está aberta a todas as persoas que queiran gozar de propostas cinematográficas de calidade e ao mesmo tempo a aquelas persoas que busquen un espazo de exhibición para os seus proxectos audiovisuais. Anxo Moure, o seu impulsor, contáxianos da súa emoción polo cinema e sinálanos que o cinema é unha ferramenta que activa a imaxinación. Coa vela do barco que forma a pantalla encendida este cinema seguirá permitindo que unha vez sentemos nas súas butacas antigas poderemos navegar ata onde nos leve o film.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis