Danza na paisaxe e no patrimonio da Ribeira Sacra

Portomarín
9 Xullo 2021
Cultura
Redacción | 9 de xullo de 2021

A Praza do Conde Fenosa, en Portomarín, diante do emblemático templo de San Xoán, foi escenario dun espectáculo de danza composto por Analepsis, de Paula Quintas; Vertebrata, de Alejandra Balboa, e Canela, de Laboratorio Escénico. Foi a primeira das actividades do programa cultural Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio na Ribeira Sacra

A Praza do Conde Fenosa, en Portomarín, diante do emblemático templo de San Xoán, foi escenario o venres dun espectáculo de danza composto por Analepsis, de Paula Quintas; Vertebrata, de Alejandra Balboa, e Canela, de Laboratorio Escénico.
Foi a primeira das actividades do programa cultural Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio na Ribeira Sacra. A iniciativa da Xunta que se desenvolve ata o 29 de agosto en 27 espazos singulares de toda Galicia, acollerá outras tantas actuacións de 30 formacións artísticas. Na comarca estará o16 de xullo na Praza dos Escolapios de Monforte ás 20.00h cos bailaríns e bailarinas de Keep Going de La Macana Feelings de Janet Novás Um solo para a sociedade de São Castro & Antònio M Cabrita. Produción Companhía Paulo Ribeiro. Xa o 6 de agosto - Mirador do Castro - Concello de Parada de Sil - 20.00 h Amparo de Entremáns Conxurando o invisible de Aida Colmenero Díaz. here
Concello