Entroido ao toque dos fulións en Trives

Ribeira Sacra
6 Marzo 2019
Turismo
Redacción | 6 de marzo de 2019
Os folións ou fulións, falando de Entroido, son as comparsas que acompañan con distintos instrumentos como bombos, tambores e calquera ferramenta do agro que se fan soar neste tempo acompañando aos personaxes do entroido máis tradicional do rural ourensán. Cada fulión ten o seu toque, e os municipios mais entroideiros da Ribeira Sacra ourensá ben os distiguen. O Entroido pechouse con chuvia, pero abriuse soleado nas Terras de Trives, onde estivemos para descubrir o gran desfile de fulións polas rúas da Pobra. Na vila adoptaron con forza esta tradición de Entroido que estaba máis relegada ás aldeas de Sobrado e A Encomenda. Organizado pola asociación cultural Os Labregos, catro colectivos do municipio e outros visitantes fixeron posible a reunión de folións na capital municipal. Ademais da asociación anfitrioa 'Os Labregos', xunto a ela estiveron as de 'A Lardeira', 'A Caniceira' e 'As Maceiras'. Todas elas unidas a outros grupos das terras veciñas.
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra