Lume, fume e calma na Lareira de A Faragulla

Chantada
18 Xuño 2019
Social
Redacción | 18 de xuño de 2019
O 18 de xuño celébrase o Día da Gastronomía Sustentable. "O conxunto de pratos e usos culinarios propios dun determinado lugar é unha expresión máis da diversidade natural e cultural do planeta". Coa celebración deste día, dende as Nacións Unidas tentan "promover uns hábitos alimenticios máis respectuosos co medio ambiente e coas tradicións locais". Parécenos unha ocasión estupenda para amosarvos este vídeo que fixemos para a brasería A Faragulla na fermosa xornada de presentación da súa Lareira: unha antiga tradición que aínda que nos fai viaxar e saborear os asados arxentinos, tamén tivo presenza en Galicia. Queredes coñecela da man do chef chantadino Antonio Lorenzo? Afortunadamente, na #RibeiraSacra temos cociñeiros e restaurantes que contan cos produtores locais e coas marcas da proximidade.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis