María Sánchez, cen anos de memoria de muller e emigración na posguerra

Saviñao
31 Xaneiro 2020
Memoria
Redacción | 31 de xaneiro de 2020
A emigración na posguerra marcou a vida de moitas galegas que marcharon do rural na procura dunha vida mellor. María Sánchez representa e homenaxea a historia, con diversos desenlaces, de tantas persoas que fixeron a maleta daquela para regresar á terra que as viu nacer décadas despois. Ela cargou soa coa equipaxe, deixando familia na terra, e partiu cara Barcelona. En apenas un mes cumplirá os 100 anos facendo gala dunha gran saúde e dunha excelente memoria que loce nunha entrevista moi especial, chea de anécdotas, de forza, de emocións e de reflexións sen pelos na lingua. Esta conversa dálle continuidade á serie de #mulleres e #rural que facemos a carón de DaVeiga- Galletas Mariñeiras.

Concello