Miradoiro Cabo do Mundo II, vista sobre o icónico meandro do Miño

Saviñao
12 Xaneiro 2021
Turismo
Redacción | 12 de xaneiro de 2021
A mítica e icónica vista do meandro chamando Cabo do Mundo, a pequena península chantadina rodeada polas augas do Miño, conta cun novo lugar preparado para contemplala dende O Saviñao. O miradoiro Cabo do Mundo II está a escasos metros da igrexa parroquial de Fión. Completa ao antigo miradoiro do Cabo do Mundo que se atopa tamén a uns metros da estrada de Escairón, case chegando á aldea da Cova. Ambos balcóns ofrecen unha panorámica da Ribeira Sacra do Miño entre terras do Saviñao e Chantada.

Concello