Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 12 de agosto de 2019
A Banda de Música de Sober fai nada menos que 150 anos de vida. A formación é toda unha institución en Galicia, e está a celebrar por todo o alto esta data con accións continuadas durante os últimos meses. Como berce de moitas formacións e músicos destacados e destacadas, a Banda de Sober comparte coa veciñanza este gran festival de vida e, entre outras propostas, elixe facelo con música, como é de recibo. O grupo local Os Parentes ofreceu varios concertos en conxunto coa propia banda, e a Banda Sinfónica de Galicia foi outra das elixidas para as actuacións deste feliz aniversario dunha agrupación emblemática, coñecida moito máis aló da Ribeira Sacra dende os seus primeiros tempos. Actualmente está dirixida por Miguel Franqueiro.
Concello
Sober
Saber máis