O Apalpador levou a súa mensaxe contra a tristura nun pasacalle polas rúas de Monforte

Monforte de Lemos
24 Decembro 2020
Cultura
Redacción |11 de xaneiro de 2021
O Apalpador percorreu este Nadal 2020 toda Galicia nunha cruzada contra a tristura por todo o que nos trouxo a pandemia do Covid-19. O 24 de decembro descendeu dende as montañas do Courel deica Monforte de Lemos onde nos deixou un fermoso discurso despois de apalpar as barriguiñas das nenas e dos nenos que o seguiron polas rúas da capital do Cabe. En distintos puntos como a Praza de Abastos acompañárono os músicos Servando e Viridiana Barreiro, que lograron animar e dar calor nunha fresca mañá de inverno.
Concello