O Entroido Ribeirao no Moredo

Chantada
26 Febreiro 2018
Patrimonio
Redacción | 26 de febreiro 2018
O Moredo, en Santiago de Arriba da conta catro domingos ó ano dunha das manifestacións mais lonxevas do entroido lucense. Volantes, maragatos, mecos e corozas danzan polos camiños e representan oficios. Ábrennos unha realidade centenaria de orixe difusa, de marcado carácter pagán e asentada no medievo como contrapunto á rixidez cristiá da Pascua. Un tempo de excesos e dos praceres da carne, de mofa e de parodia e de enchentes, un tempo para a folga e para o descanso no que o cotiá se relaxa. Un tempo idóneo para a retranca máis encarnizada, a crítica social, relixiosa e política no que se abren as casas á comunidade. 
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis