Outono "sen palabras" na Ribeira Sacra

Ribeira Sacra
30 Novembro 2018
Patrimonio
Cultura
Turismo
Redacción | 30 de novembro de 2018
Dende o máxico Castro Candaz, flotante ás veces sobre as augas do Miño, deica os escarpados canóns do Sil sobre a Pena de Matacás cos seus renovados miradoiros o outono asomouse exuberante. Calidez e contraste nas follas da vide que morren despois da vendima para nutrirse e rexurdir de novo en pendentes como as de San Fiz de Asma ou nos viñedos de Belesar. Recunchos de pura vida como a auga corrente do río Mao e instantáneas do pasado monástico da Ribeira Sacra como a de Santo Estevo de Ribas de Miño son algunhas das imaxes ás que lle sobran as palabras e que despiden un outono poderoso dende o ar, sobre a auga e pola terra. 
Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra