Pincelo brillou no primeiro evento do Sacra Festival 2020

Chantada
12 Xullo 2020
Cultura
Redacción | 11 de xullo de 2020
A aldea de Pincelo brilla, e este sábado "brillou máis do normal" a conta da arte, da música, da cultura do viño e dos escenarios paradisíacos da Taranxela, que acolleu o primeiro evento das diferentes citas do SacraFestival 2020. A xornada comezou cunha detallada cata de viños da Ribeira Sacra seguida dun xantar nos distintos recunchos das instalacións da bodega de Quinta Sacra á beira do encoro de Peares, na beira chantadina do río Miño. O sabor dos viños, moi preto de onde nacen. O festival tranquilo que integra a arte na paisaxe continuou cunha tarde de cultura ao aire libre e co telón fluvial de fondo para o concerto de Silvia Penide, que logrou arrancar os espectáculos verspertinos cunha gran conexión co público. Despois chegou a danza inmersa no territorio, unha composición de Carlota Pérez que sorprendeu ao público mirando cara as augas. A entrada da noite chegou con música electrónica nun solpor privilexiado.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis