Públicos diversos para un Castañazo Rock intenso

Chantada
8 Novembro 2019
Cultura
Redacción | 8 de novembro de 2019
Chantada vibrou de novo co seu Castañazo. O festival de outono galego por excelencia deixou nunha fin de semana chuviosa a vida que poden deixar milleiros de persoas con ansias de festa nunha pequena vila do interior ,que xa estaba no mapa, pero que eventos coma este axudan a que outros públicos a sitúen mellor. O público do rock, o da música galega, o dos sons tradicionais, pero tamén o de estilos que viven horas inmellorables coma o rap, sen esquecer o ska e o punk. Cabezas de cartel como S.A. ou SFDK e clásicos nesta cita coma os galegos Nao, de despedida, completaron un programa no que o Castañazo infantil e os cantos de taberna se consolidan como imprescindibles. O festival que nacía do magosto hai máis de vinte anos e que hoxe medrou e tamén mudou.

Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis