San Pedro Rocas, Premio Cultura Galega 2021 ao Patrimonio Cultural

Esgos
3 Novembro 2021
Patrimonio
Redacción | 3 de novembro de 2021
Os Premios da Cultura Galega 2021 distiguen ao Mosteiro de San Pedro de Rocas na categoría de Patrimonio Cultural. O xurado descríbeo como "o conxunto cenobítico mais antigo de Galicia, ademais de ser un singular exemplo de igrexa rupestre, escabada na rocha viva na Ribeira Sacra.
Os Premios da Cultura Galega 2021 distiguen ao Mosteiro de San Pedro de Rocas na categoría de Patrimonio Cultural. O xurado descríbeo como "o conxunto cenobítico mais antigo de Galicia, ademais de ser un singular exemplo de igrexa rupestre, escabada na rocha viva na Ribeira Sacra. Situado na parroquia de Rocas, concello de Esgos, ocupa unha superficie de arredor de 30 hectáreas no que foi un convento creado no século VI". É dos poucos cenobios que mostran "pegadas e elementos materiais que denotan a máis antiga vida eremítica do noroeste peninsular e que, ademais, evidencia culto pagán prehistórico, precedendo en varios séculos ao culto cristián, pegadas, restos arqueolóxicos e materiais que se conservaron ao longo do tempo".

"É, ademais, unha das xoias naturais, paisaxísticas, medioambientais, históricas, arqueolóxicas, artísticas e antropolóxicas do conxunto da Ribeira Sacra mais destacadas, sendo o conxunto monumental máis visitado da Ribeira Sacra e un dos tesouros patrimoniais máis importantes da provincia de Ourense. San Pedro de Rocas é Patrimonio Histórico desde 1923, e Ben de Interese Cultural (BIC), na categoría de Paisaxe Cultural, desde 2018. Propiedade da Deputación Provincial de Ourense, celebrarase en 2023 o seu centenario como monumento nacional".

Bernardino Graña, Antón Pulido, Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, Zaza Ceballos, o programa da CRTVG Dígocho Eu e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina son os restantes galardoados nos Premios da Cultura Galega 2021. Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua e Proxección Exterior, respectivamente, por un xurado que estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.

Concello