Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 4 de xuño de 2020
San Facundo de Ribas de Miño é unha das xoias do municipio de Paradela, na Ribeira Sacra. En cada recuncho do rural non deixan de sorprendernos as arquitecturas que seguen aí para falarnos da nosa historia. Ligado ao Camiño de Santiago, este mosteiro e a súa igrexa están rodeados de natureza, adegas e lousa que fala do territorio. Un paseo fugaz para descubrir outro dos tesouriños que temos ao lado da casa.
Concello