ACTUALIDADE

NOVAS

O MÁIS RECENTE

O máis importante do día a día na Ribeira Sacra dende o noso filtro, que prioriza a actualidade sociocultural, o medio rural, as historias/memorias locais, o patrimonio e o turismo.

AXENDA

OS NOSOS EVENTOS

Repositorio de eventos dalgún concello específico ou organizados por algún organismo da Ribeira Sacra. Permite dar a coñecer a actividade da zona nos outros 20 concellos, e comunicala a posibles visitantes.

DIRECTOS

STREAMING PUNTUAIS

Retransmisións de eventos e feitos de impacto social e interese para a veciñanza. Anunciaráse  a través das nosas redes e poderá seguirse na páxina principal e na canle de youtube.

REPORTAXES

TERRA ADENTRO

PROXECTOS E EXPERIENCIAS

Contidos que afondan en aspectos pouco coñecidos do territorio: experiencias innovadoras, proxectos de interese social, conflitos de diversa natureza ou éxitos colectivos que compre poñer en valor.

RETRATOS

PERSOAS E IDEAS

Serie de contidos que visibilizan historias de vida inspiradoras e persoas-proxecto de relevancia social. Relatan a cámara e dende un punto de vista situado e crítico o proceso dun proxecto.

LUGARES

TERRITORIO VIVIDO

Trátase dunha serie de contidos que abordan sen comentarios un espazo ou un proceso e buscan ou ben propiciar a reflexión da persoa que o mira ou ben facilitar un acercamento ao territorio.

ARQUIVO

MAPA DE RECURSOS

Integra todos os contidos audiovisuais da Canle. Poderase navegar neles a través dun buscador que fitra por palabra clave do recurso, categoría, ubicación, concello de referencia, data e tipo de contido.

CONECTANDO CONTIDOS

É unha constelación de contidos relacionada por unha categoría ou temática. Conecta contidos dun concello cos doutros e permite sacar á luz contidos de arquivo pola súa relación coa actualidade.