Álvaro Planchuelo: un home 'viaxado' fronte ao Cabo do Mundo

Álvaro Planchuelo: un home 'viaxado' fronte ao Cabo do Mundo

Saviñao

23 Maio 2019

Canle Ribeira Sacra

Turismo

Cando nos decatamos de que este madrileño de nacemento e cidadán do mundo por dereito e por convicción se achegaba por primeira vez ao noso territorio, abordámolo sen dubidalo. Planchuelo é un coñecido e recoñecido arquitecto, referente tamén no mundo do turismo e das viaxes con contido e cooperativista impulsor de campamentos solidarios. Como creador de proxectos de desenvolvemento local e turístico en diversas áreas do mundo, interesounos a súa ollada experimentada por un lado e virxe por outro na Ribeira Sacra e acompañámolo en parte do seu traxecto. Vexan e escoiten o que opina.

Arte que se move para expresar a creatividade na Ribeira Sacra

Arte que se move para expresar a creatividade na Ribeira Sacra

Carballedo

22 Maio 2019

Canle Ribeira Sacra

Social

O enfoque social e educativo da obra artística é unha das premisas da Asociación de Amigos de Manuel Jorge de Chantada. Neste mes de maio vemos na casa do Concello de Carballedo a mostra itinerante resultante  do segundo concurso de fotografía impulsado por este colectivo. Viña Sacra é o título desta escolma de instantáneas que reflicten unha participación en cantidade e calidade en procesos de creación. Iso é precisamente o fin da visita guiada que nestes días viviron as alumnas e alumnos do colexio Xosé Luis Taboada de Carballedo. Incorporación da ollada artística na educación, creatividade e aproximación dos eventos artísticos á comunidade local.

O sabor das primeiras cereixas, sempre en Belesar

O sabor das primeiras cereixas, sempre en Belesar

Saviñao

21 Maio 2019

Canle Ribeira Sacra

Sector Primario

Moitas carabuñas deixou este ano a feira das cereixas e do viño de Belesar. Habíaas, e máis que houbera se vendían. A localidade entre os dous concellos- O Saviñao e Chantada- e ás dúas beiras do Miño lociu os seus mellores froitos cun vermello que brillou durante os tres días nos que se prolongou a reunión nunha das aldeíñas máis sigulares da Ribeira Sacra. Non faltaron as cores do viño nas catro adegas presentes nunha feira pequena, sinxela pero única;  sen máis adorno e decorado que a primavera exuberante da ribeira.

As adegas de Pantón conectaron co público

As adegas de Pantón conectaron co público

Pantón

20 Maio 2019

Canle Ribeira Sacra

Viño

As adegas das ribeiras do Miño, do Sil e do Cabe en Pantón trasladáronse esta fin de semana á vila de Ferreira. Foron as verdadeiras protagonistas de tres días de homenaxe ao viño da Ribeira Sacra e a un sector que pula no municipio xunto a novas apostas agrogandeiras instaladas na zona, sen esquecer o turismo patrimonial e paisaxístico adosado tradicionalmente a esta Mostra dos Viños de Pantón, que acadou xa a súa 26ª edición nun progresivo crecemento da calidade, que levou a rexistrar record de vendas nesta fin de semana.

Día das Letras Galegas: Fraguas, pioneiro no estudo do patrimonio prehistórico do Saviñao

Día das Letras Galegas: Fraguas, pioneiro no estudo do patrimonio prehistórico do Saviñao

Saviñao

16 Maio 2019

Canle Ribeira Sacra

Cultura

A Real Academia Galega instituía en 1963 o Día das Letras Galegas para render homenaxe á creación literaria galega e tamén á nosa lingua. Tal festa para a comunidade galega ven hoxe cargada de matices, enfoques e xeitos de vivila en tempos de crise para a nosa fala, que non para o seu uso na riquísima creación cultural. Se o 17 de maio de 1863 se publicou en Vigo ‘Cantares Gallegos’ de Rosalía, 156 anos despois esta data serve para render homenaxe ao pontevedrés Antonio Fraguas Fraguas. Dende a literatura, a historia, a etnografía e a antropoloxía, Fraguas achegou a reivindicación do patrimonio noso xa na primeira parte do s.XX, un exemplo é a posta en valor dos castros e monumentos megalíticos do Saviñao, na Ribeira Sacra.

A vila do Asma foi unha festa do atletismo na décima carreira popular

A vila do Asma foi unha festa do atletismo na décima carreira popular

Chantada

15 Maio 2019

Canle Ribeira Sacra

Deporte

Todo empezaba hai un pouco máis de dez anos coa ilusión duns poucos afeccionados ao running e hoxe é unha das carreiras populares de referencia na comunidade galega e un evento co que a veciñanza se identifica e implica. O Club Atletismo Chantada logrou celebrar o décimo aniversario cos 10 kilómetros no corazón e moitos máis na traxectoria de traballo e colaboración que quedaron patentes na organización da pasada edición da carreira popular, o 11 de maio. Animación musical e concertos, solidariedade a través do reto do ultrafondista Fernando Ibarra e moita presenza infantil marcaron unha proba na que os gañadores absolutos foron José Miguel Acevedo e Luisa González.

Un brinde a bordo polos viños con orixe Ribeira Sacra

Un brinde a bordo polos viños con orixe Ribeira Sacra

Nogueira de Ramuín

14 Maio 2019

Canle Ribeira Sacra

Viño

O 11 de maio celebrouse o terceiro Día Movemento Viño D.O. no que se realiza un brinde simultáneo e colectivo polo viño con Denominación de Orixe. Milleiros de persoas participaron dende distintos puntos do estado  cun brinde conxunto 29 en denominacións de orixe. A D.O. Ribeira Sacra fíxoo nun catamarán polo río Sil contando con adegueiros, membros do Consello Regulador, representantes das diferentes administración e medios de comunicación. Maridaxe e música en directo de Ad Heyra Liti foron o conxunto perfecto para un acto especialmente dedicado á mocidade co fin de que descubran os viños con orixe e a cultura do viño. As redes sociais tiveron moito que ver.

Miradoiro da Capela, respirar o Sil a carón das adegas

Miradoiro da Capela, respirar o Sil a carón das adegas

A Pobra do Brollón

13 Maio 2019

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio

Moi perto das históricas adegas de Vilachá que nos pasados días amosaban o seu balbordo, escollemos o Miradoiro da Capela. Outro recuncho para respirar a paisaxe da #RibeiraSacra na nosa ruta polos miradoiros. Se hai festa e viño nas adegas é porque aínda queda cultivo neste val sobre o canón do Sil. Do seu pasado falarán pronto os expertos que estes días escavan na memoria das pedras da terra e da veciñanza da aldea

A exposición fotográfica Viña Sacra continúa de ruta polo territorio

A exposición fotográfica Viña Sacra continúa de ruta polo territorio

Carballedo

10 Maio 2019

Canle Ribeira Sacra

Cultura

A mostra fotográfica resultante da segunda edición do concurso Christina Snellman está este mes en Carballedo. A asociación de Amigos de Manuel Jorge de Chantada leva deste xeito a cultura a moitos recunchos da Ribeira Sacra. Buscan a implicación da comunidade local na arte ao tempo que divulgar a figura deste pintor e arquitecto chantadino cunha amplísima e destacada obra que deica pouco era moi descoñecida na súa terra de orixe. O último concurso de fotografía versou sobre o extenso mundo do viño e aquí teñen os resultados que achegaron os numerosos participantes. Pode verse de luns a venres na Casa do Concello de Carballedo, na Barrela.

A quenda dos viños de Pantón chega coa festa das Letras Galegas

A quenda dos viños de Pantón chega coa festa das Letras Galegas

Pantón

9 Maio 2019

Canle Ribeira Sacra

Viño

Os viños da Ribeira Sacra de Pantón teñen o seu mellor escaparate nas propias ribeiras do Miño, do Sil e do Cabe, pero tamén no Castro de Ferreira. Neste recuncho comparecerán oito adegas que serán as protagonistas da vixésimo sexta Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón entre os días 17 e 19 de maio.  Festa da empanada, ambientación de música tradicional e charangas e concertos como o que traerá ás formacións La Fuga ou Señor Aliaga completan unha cita única que foi presentada na resucitada aldea da Míllara.

As adegas de Vilachá, cheas de vida na Feira do Viño

As adegas de Vilachá, cheas de vida na Feira do Viño

A Pobra do Brollón

8 Maio 2019

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio,Viño

As adegas amosáronse cheas de vida na Feira do Viño de Vilachá durante a primeira fin de semana de maio. A luz entrou polas portas e entre as pedras centenarias deste conxunto etnofrágico singular. Ninguén coma elas, testemuñas mudas do tempo e dos aconteceres da festa, falarán ademais sobre as súas orixes e a sustentabilidade futura en días de festa e tamén de campaña arqueolóxica do proxecto Adegas da Memoria. A equipo parte da comunidade local como peza capital para unha abordaxe científica da esencia deste recuncho histórico na Pobra do Brollón.

Dureza, beleza e solidariedade na carreira popular Entre Carballos Centenarios

Dureza, beleza e solidariedade na carreira popular Entre Carballos Centenarios

Carballedo

6 Maio 2019

Canle Ribeira Sacra

Deporte

Arredor dunhas 400 persoas se xuntaron na tarde so sábado en Carballedo para gozar dun percorrido de natureza en pleno esplendor primaveral. Os corredores loitaron contra a dureza dunha carreira popular que chega á súa quinta edición e que case se pode inserir na modalidade de trail. Mentres, os que optaron polo percorrido de andaina aproveitaron unha tarde perfecta para respirar verde, auga e tamén plasmar a sua colaboración cunha recadación benéfica a favor de AFACHANTADA, a asociación que traballa con persoas dependentes e en prol da súa actividade mental e física na comarca.

As adegas de Vilachá, almacéns de historia

As adegas de Vilachá, almacéns de historia

A Pobra do Brollón

3 Maio 2019

Canle Ribeira Sacra

Viño

As adegas de Vilachá abrirán as súas portas esta fin de semana do 4 e 5 de maio para celebrar unha reunión en torno ao viño e a cultura que emana destas pedras. A Feira do Viño de Vilachá, na Pobra do Brollón, é un dos eventos máis singulares do sector ao celebrarse nun contorno histórico próximo ao lugar onde nace o viño. Hai quen fala de adegas milenarias e a sua orixe quedará máis clara despois do proxecto multidisciplinar Adegas da Memoria que estudará pedra a pedra o que conta este conxunto etnográfico e arquitectónico único. Nel saboréanse aínda os viños de adegueiros particulares, colleiteiros tradicionais e algunhas adegas profesionais.

A veciñanza móvese: Un paseo polas telleiras de Pantón

A veciñanza móvese: Un paseo polas telleiras de Pantón

Pantón

30 Abril 2019

Canle Ribeira Sacra

Social

A dinamización social e cultural que parte da propia comunidade local é fundamental para o desenvolvemento do territorio. O mellor patrimonio da Ribeira Sacra, sen querer caer nos tópicos, son as súas xentes e grazas a elas descubrimos o noso contorno. Segredos de Pantón é un colectivo que remexe nas historias menos coñecidas e menos divulgadas e no patrimonio máis esquecido para poñelo en valor e crear comunidade, auto estima e alternativas aos recursos convencionais. Acompañamos a Lucas Vázquez, impulsor desta iniciativa, polas abandonadas telleiras de Pantón. A súa presenza fala da arquitectura industrial e cando se xuntan as gañas, as materias primas, o coñecemento e as tecnoloxías temos máis datos sobre a nosa historia.

Vinte anos de traballo e pasos adiante no Camiño de Inverno

Vinte anos de traballo e pasos adiante no Camiño de Inverno

Monforte de Lemos

29 Abril 2019

Canle Ribeira Sacra

Cultura

A asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra festexou o seu XX aniversario. Unha conmemoración de anos de traballo de divulgación e polo recoñecemento do Camiño de Inverno como ruta xacobea oficial. Música, exposicións e incesantes actividades paso a paso polos Camiños serven para afrontar novos retos coma o que o ultrafondista Fernando Ibarra comeza nos vindeiros días en prol da defensa desta peregrinación a través do deporte.

Fútbol feminino que move na comarca

Fútbol feminino que move na comarca

Carballedo

29 Abril 2019

Canle Ribeira Sacra

Deporte

O municipal de Carballedo acolleu un torneo triangular de fútbol feminino en beneficio da asociación 'Chantada contra o Cancro'. Falamos con María Varela, capitana do Carballedo C.F, que nos fala do renacer de equipos femininos de fútbol campo, na comarca de Chantada. Nun momento no que o fútbol feminino se reivindica no ámbito mundial e logrou encher estadios no mundo en ocasións puntuais nos últimos meses. Tamén na Ribeira Sacra e por causa solidaria.

A augardente tivo a súa festa en Portomarín

A augardente tivo a súa festa en Portomarín

Portomarín

26 Abril 2019

Canle Ribeira Sacra

Turismo

A augardente é un produto internacional e tradicional, pero tremendamente arraigado na cultura popular galega. Máis, se cabe, na zona de Portomarín, onde se destila arraigo e calidade. Nestes días a vila celebrou a 49ª edición da Festa da Augardente, na que de novo afloraron os valores universais do Camiño Xacobeo e a cultura arredor do Miño. A Orde da Alquitara festexou de novo e o pobo que renaceu enriba do encoro abriu as súas portas a máis visitantes.

Manolo do Rego, o artesán autodidacta dos pratos do polbo

Manolo do Rego, o artesán autodidacta dos pratos do polbo

Taboada

26 Abril 2019

Canle Ribeira Sacra

Cultura

Unha ración de autenticidade, tradición, sinceridade, humildade e filosofía é a que nos serviu Manolo do Rego no seu taller de Buín, na parroquia de Campo, en Taboada. Aos seus 90 anos de idade dedica parte do seu tempo de lecer á fabricación dos tradicionais pratos do ‘pulpo’. Faino, ademáis, dun xeito artesanal e autodidacta, pese a que a meirande parte proveñen agora de talleres algo máis mecanizados. Á súa idade tómao con calma, pero tamén con moita madeira … Cando molledes o pan no aceite, na feira, reparade en que verdadeiramente estes obxectos son unha fermosa icona da nosa terra.

¿Que turismo é o que queremos para a Ribeira Sacra? Reflexión dunha experta en Patrimonio

¿Que turismo é o que queremos para a Ribeira Sacra? Reflexión dunha experta en Patrimonio

Ribeira Sacra

25 Abril 2019

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio,Turismo

¿Que turismo é o que queremos para a Ribeira Sacra?¿ Como debemos afrontar a agardada declaración como Patrimonio Mundial deste territorio? Reflexionamos sobre a protección necesaria e o desenvolvemento equilibrado da man de Alicia Lapenta, experta en patrimonio e na declaración de bens. Dedícase á planificación e execución de plans de desenvolvemento dende a cultura que teñen merecido varios premios internacionais. Forma parte do Consello Internacional de Monumentos e Sitios –ICOMOS- é arxentina, arquitecta e estivo na Ribeira Sacra convidada por Airoá Comunicación. Agora, recuperamos a súa entrevista para Televinte con ideas ben interesantes.

O Sacra Festival regresa para integrar artes e paisaxe

O Sacra Festival regresa para integrar artes e paisaxe

Ribeira Sacra

24 Abril 2019

Canle Ribeira Sacra

Cultura

O Sacra Festival é un festival de artes multidisciplinar singular pola súa aposta sustentable e de integración cun territorio único: A Ribeira Sacra do Miño. Chega xa á súa terceira edición na procura da xeración de comunidade e convivencia das artes en espazos diversos coa incorporación de actividades relacionadas coa vitivinicultura. Divídirase entre os concellos de Chantada e O Saviñao dende o 31 de maio ata o 2 de xuño.