Entrevista a José Mouriño Cuba, protagonista no nacemento da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Entrevista a José Mouriño Cuba, protagonista no nacemento da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Sober

23 Novembro 2020

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio,Sector Primario,Viño

Prominé Singular, mellor tinto de Galicia na XXXII edición da Cata dos Viños de Galicia

Prominé Singular, mellor tinto de Galicia na XXXII edición da Cata dos Viños de Galicia

Ribeira Sacra

19 Novembro 2020

Canle Ribeira Sacra

Viño

Na XXXII edición da Cata dos Vinos de Galicia, o viño Prómine Singular de Bodegas Petrón da D.O. Ribeira Sacra recolleu este xoves o Acio de Ouro ao mellor tinto de Galicia. A pasada semana xa recibiran premios desta XXXII edición  3 viños da D.O. Ribeira Sacra:  Acio de Ouro tinto Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de Colleiteiro e Pequenas adegas/  Acio de Ouro tinto, Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira /  Acio de Prata tinto, Tradición de Adega Vella, Jorge Feijoo González, na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira.

O Outono na Ribeira de Taboada: Viaxe ao mundo somerxido do encoro

O Outono na Ribeira de Taboada: Viaxe ao mundo somerxido do encoro

Taboada

13 Novembro 2020

Canle Ribeira Sacra

Memoria,Patrimonio,Turismo

Este tempo de outono revela os segredos dunha paisaxe natural e patrimonial ás veces innaccesible. Achégate a ela voando e navegando na compaña da capitana Luisa Rubines, unha taboadesa apaixoada dos recunchos onde se para o mundo. A bordo da barca de Quinta Sacra exploramos os restos de vida natural e humana somerxidos baixo o encoro de Belesar, entre as ribeiras de Taboada e O Saviñao. Beleza e paz entre a vida e o abandono.

'A barqueira do Miño':  Cinema para coidar a terra 2020

'A barqueira do Miño': Cinema para coidar a terra 2020

Chantada

10 Novembro 2020

Canle Ribeira Sacra

Cultura,Patrimonio

O Cinema Palleiriso acolleu a terceira edición do ciclo Cine Para Coidar a Terra. En exclusiva e para compartir co mundo aquí vos deixamos 'A Barqueira', un vídeo musical estreado no fermoso encontro de cinema ecolóxico de Garabelos. Unha conexión entre a voz de Davide Salvado, a danza de Dani Pardo, a interpretación de Cristina Castro e o patrimonio fluvial. Unha idea de Anxo Moure e o Cineclub Os Papeiros coa Federación Galega de Cineclubes e a Canle Ribeira Sacra. A cantiga é un tema popular galego adaptado e interpretado no medio do río polo músico Davide Salvado.

Chega a necesaria sinalización e algunhas melloras no Camiño de Inverno

Chega a necesaria sinalización e algunhas melloras no Camiño de Inverno

Chantada

9 Novembro 2020

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio

1,2 millóns é o orzamento da Xunta de Galicia para a mellora da sinalética no Camiño de Inverno en 14 concellos de Galicia. Neste orzamento tamén se inclúe a mellora do solo e o seu ensanchamento en determinados puntos. O titular de Turismo da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, avanzou estas accións esta fin de semana en Chantada de cara ao progresivo regreso dos peregrinos e peregrinas e das pisadas nesta ruta da propia veciñanza de zonas como a Ribeira Sacra e Valdeorras, polas que atravesa esta alternativa a Compostela. Súmase iso ao albergue de Diomondi, no Saviñao, e ao estudo doutra hospedaze na localidade de Rodeiro.

Sober reinventa a Feira do Viño de Amandi con actividades todo este mes

Sober reinventa a Feira do Viño de Amandi con actividades todo este mes

Sober

7 Novembro 2020

Canle Ribeira Sacra

Viño

O Mes do Amandi xa deu comezo con actividades previas á propia Feira do Viño de Amandi, que se celebrará dun xeito reiventado e adaptado aos tempos de pandemia. A axenda de iniciativas contará con xornadas de formacion, presentacións literarias e artísticas, gastronpmía, actividades para os máis pequenos e tamén un túnel do viño, sen faltar a cata oficial dos viños desta subzona.

Asinado o Pacto pola Paisaxe da Ribeira Sacra con varias accións de mellora e promoción

Asinado o Pacto pola Paisaxe da Ribeira Sacra con varias accións de mellora e promoción

Parada de Sil

28 Outubro 2020

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio

O Pacto pola Paisaxe da Ribeira Sacra foi asinado en Santa Cristina de Ribas de Sil a través dun convenio entre a Xunta, a Fegamp e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. A finalidade é a de protexer, xestionar e ordenar a paisaxe neste territorio. Levaranse a cabo unha serie de accións cun orzamento de 550.000 euros. Entre elas está a realización de murais e esgrafiados, delimitación de itinerarios de interese paisaxístico, organización de eventos culturais e de lecer e a unha mostra itinerante.

Primeiro proxecto para un turismo inclusivo na Ribeira Sacra, estudo piloto en Pantón

Primeiro proxecto para un turismo inclusivo na Ribeira Sacra, estudo piloto en Pantón

Pantón

22 Outubro 2020

Canle Ribeira Sacra

Turismo

O proxecto Patrimonio e Turismo Inclusivo na Ribeira Sacra concluiu as súas actividades en Pantón. Patrocinado polo programa o teu Xacobeo e dirixido polo Ateneo de Pontevedra incluíu unha serie de accións de investigación e formación durante os últimos meses co obxectivo de comezar a avaliar a accesibilidade aos recursos turísticos na zona; formar e sensibilizar aos sectores implicados no turismo e á propa veciñanza e crear materiais piloto como unha guía práctica para un turismo inclusivo, ou diferentes maquetas destinadas a amosar o patrimonio a persoas con distintas capacidades desenvolvendo unhas visitas e unha acollida máis sensorial e integral.

No noveno centenario da construción do Priorado de Pesqueiras IV. Pintura Renacentista: Anunciación

No noveno centenario da construción do Priorado de Pesqueiras IV. Pintura Renacentista: Anunciación

Chantada

21 Outubro 2020

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio

A pintura renacentista ofrece toda unha gama de peculiaridades moi interesantes desde o temario místico, mítico, cultural e social. A anunciación, polo feito relevante de anunciar o nacemento do Salvador do mundo, tivo unha enorme repercusión na iconografía cristiá desde os tempos das catacumbas.
 

Ruta da Curuxeira: sendeirismo de outono en Pantón

Ruta da Curuxeira: sendeirismo de outono en Pantón

Pantón

21 Outubro 2020

Canle Ribeira Sacra

Deporte,Patrimonio,Turismo,Viño

Os camiños ás veces escóllense e volverían andarse unha e outra vez. Entrecrúzanse con outros. Poden ter fin ou ser circulares. E non sempre as pedras que neles aparecen son obstáculo para que tropecemos, senón patrimonio para que aprendamos. Nalgúns destes sendeiros hai moito verde para a esperanza, moita auga para a vida e tamén neles nace o viño e a poesía. Din que camiñar no outono esperta todos os sentidos, e iso foi o que nos pasou na Ruta da Curuxeira, en Pantón, coa axuda dun guía que pisa con coidado sobre a cultura e a paisaxe que nos rodea.

No noveno centenario da construción do Priorado de Pesqueiras IV. Pintura: Pantocrator

No noveno centenario da construción do Priorado de Pesqueiras IV. Pintura: Pantocrator

Chantada

19 Outubro 2020

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio

O viaxeiro, o buscador do románico que entra no rectángulo do adro atopará a porta maior aberta, porta coelis, dando as costas cara occidente, lugar da posta do sol e das tebras, con dirección cara oriente, lugar da luz. A traspasar o pórtico e ollar a inmensa nave escura, ficará atraído por esa figura luminosa que ocupa o centro mais alto do presbiterio que é o pantocrátor.

Proendos amosa o pasado romano da Ribeira Sacra

Proendos amosa o pasado romano da Ribeira Sacra

Sober

15 Outubro 2020

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio

A aldea de Proendos foi un núcleo poboado polos nosos ancestros dende a Prehistoria. As lendas de mouros, os petróglifos, a cantidade de vestixios  do pasado repartidos nas construcións tradicionais, nas que habitan os homes e mulleres de hoxe, compuxeron un relato mítico que hoxe sae á luz grazas á arqueoloxía.
Queredes ver con detalle o que asoma da Antiga Roma nesta aldea de Sober?
 

Fin da vendima na Ribeira Sacra con algo máis de 5 millíons de kg. recollidos

Fin da vendima na Ribeira Sacra con algo máis de 5 millíons de kg. recollidos

Ribeira Sacra

9 Outubro 2020

Canle Ribeira Sacra

Viño

Remata a vendima na Ribeira Sacra con algo máis de 5,2 millóns de quilos de uva recollidos. Con estas cifras péchase oficialmente unha campaña mermada en arredor dun 15% con respecto a un ano normal, tal e como se adiviñaba. O Consello Regulador da Denominación de Orixe destaca o estado óptimo do froito e os bos parámetros de ácidez nun ano que se antollaba complicado para o sector. Agora toca agardar a maduración dos viños e, mentres, seguir gozando, da gran colleita de 2019 e, en moitos casos, de destacados viños de añadas anteriores.

Ribeira Sacra Sustentable

Ribeira Sacra Sustentable

Ribeira Sacra

5 Outubro 2020

Canle Ribeira Sacra

Outros Arquivos

Atesouramos moitas frontes abertas e militamos nun momento crucial para o mundo e para o noso micromundo (a Ribeira Sacra). Nel, a veciñanza que mantén vivo o territorio debe ser o centro de toda acción. Se non, non haberá sustentabilidade que valla nin etiqueta que a sosteña.

Hai Plan de Sustentabilidade Turística para a Ribeira Sacra

Hai Plan de Sustentabilidade Turística para a Ribeira Sacra

Ribeira Sacra

30 Setembro 2020

Canle Ribeira Sacra

Turismo

A candidatura de Ribeira Sacra entrará Plan de Impulso ao Sector Turístico Post COVID-19. Foi unha das 25 propostas aprobadas entre as 154 presentadas ao Programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destino do Ministerio de Industria. Dende o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra valorase como outra dose de ilusión para o desenvolvemento do territorio. Neste territorio investiranse arredor de 3 millóns liña dos destinos rurais co fin de poñer en valor recursos como o patrimonio cultural ou medioambiental.

O xacemento de Proendos anuncia o seu pasado romano e estruturas anteriores

O xacemento de Proendos anuncia o seu pasado romano e estruturas anteriores

Sober

30 Setembro 2020

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio

O xacemento que actualmente ocupa a varios arqueólogos/as na parroquia soberina de Proendos xa sacou á superficie algúns restos que anuncian a existencia de alomenos unha vivenda que constata un poboado romano e posiblemente construccións anteriores e posteriores de continuidade histórica. A escavación está financiada pola Consellería de Cultura e nesta segunda campaña tratará de vislumbrar novos trazos da historia na Ribeira Sacra con un mes de traballo e dez días en campo.

As últimas vendimas de 2020 na Ribeira Sacra

As últimas vendimas de 2020 na Ribeira Sacra

Chantada

30 Setembro 2020

Canle Ribeira Sacra

Viño

As últimas vendimas da campaña 2020 na #RibeiraSacra desenvólvense estes días entre colleitas familiares e pequenas adegas. Hai menos uva, pero iso non afectará á calidade da nova colleita á espera dos datos oficiais ao peche dos traballos. O sector encaixa o golpe da pandemia e afronta os novos tempos con máis ou menos stock dentro da adega. Como di o viticultor Avelino, algunhas cousas "aínda pasan de heroicas".

 

Dani Corvo, campión da Spain Backyard Ultra, con novo reto internacional en outubro

Dani Corvo, campión da Spain Backyard Ultra, con novo reto internacional en outubro

Castro Caldelas

29 Setembro 2020

Canle Ribeira Sacra

Deporte

Nada menos que 32 voltas e 32 horas seguidas correndo para completar finalmente 208 quilómetros son as marcas do gañador da segunda edición da Spain Backyard Ultra celebrada na Ribeira Sacra: o vigués Dani Corvo. 

Luarada, volve ao cinema a negra historia de Romasanta, dende Esgos

Luarada, volve ao cinema a negra historia de Romasanta, dende Esgos

Esgos

24 Setembro 2020

Canle Ribeira Sacra

Cultura

A Ribeira Sacra ten tamén a súa historia escura, realidades rodeadas de lenda que son poderosas historias que aínda se falan no rural ourensán. Unha das máis coñecidas pervive en Esgos e é a de Manuel Blanco Romasanta, coñecido como “o lobisome”, o “sacamantecas”; un asasino en serie, que para moitas persoas é considerado un dos maiores criminais en serie da historia documentada de España. Así o quere achegar Luarada, o filme dirixido polo ourensán Óscar Doviso, que terá un adianto esta fin de semana no OUFF.

María Oruña fala da novela 'El bosque de los cuatro vientos', unha novela que naceu en Santo Estevo

María Oruña fala da novela 'El bosque de los cuatro vientos', unha novela que naceu en Santo Estevo

Nogueira de Ramuín

24 Setembro 2020

Canle Ribeira Sacra

Cultura

"Temos que coidar o noso patrimonio material para que perviva el inmaterial. Son as historias as que nos unen". Falamos con María Oruña, a autora da novela 'El bosque de los cuatro vientos', ambientada na #RibeiraSacra ourensá e na lenda dos nove aneis de Santo Estevo de Ribas de Sil. O libro foi presentado este mes de setembro no Foro La Región e supera xa os 250.000 lectores. A autora de ' Puerto Escondido' compartiu no Centro Cultural Marcos Valcarcel o seu tempo para departir sobre esta novela histórica chea de intriga.